Nesta entrada facilitaremos un par de xogos con
contido educativo dixital para Educación Infantil que poden resultar útiles e
entretidos para os máis pequenos e as máis pequenas, axudando a adquirir coñecementos dun xeito
máis ameno.
O primeiro xogo que poñemos á disposición dos
nosos/as seguidores/as chámase "Maremáticas". Este xogo ten como finalidade
a familiarización por parte do alumnado coas matemáticas dende unha temática
relacionada co mar, o que fai que os nenos e nenas poidan adquirir á súa vez
coñecementos sobre este ámbito, facéndoo máis ameno.
En canto ó contido, este xogo contén
actividades e xogos que os cativos e cativas poden elixir ao seu gusto,
relacionadas coas matemáticas e o mar.
Esta actividade está destinada a todos os pequenos e pequenas do segundo ciclo de Educación Infantil, máis concretamente para o
alumnado de 5 anos.