O repositorio que eliximos foi “Maremáticas”, é un
software educativo para a práctica e exercitación xa que proporciona diversas
actividades de ensaio ou erro. Polo tanto, estamos falando da teoría condutista
onde a memoria é o resultado de repetidas experiencias, onde a recompensa e o
castigo son influentes.
Neste repositorio, o alumnado é reactivo porque o alumno
ou alumna non ten a liberdade de investigar ou afondar, senón que reacciona a
unha pregunta ou a un exercicio xa estruturado, onde ten unhas opcións
concretas.
O profesorado no noso repositorio non ten ningunha función
concreta, o alumnado pode realizar este exercicio sen axuda do mestre ou
mestra, fomentando a súa autonomía. De todos modos, pensamos que a presenza do
profesorado é importante nesta actividade, para poder exercer de apoio para os
nenos e nenas en caso de dúbidas.
O nivel de integración das TIC segundo o modelo SAMR na
nosa actividade é de transformación, máis concretamente de modificación, xa
que neste caso a tecnoloxía permite unha
redefinición significativa das tarefas a realizar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario