Un blog é un sitio web no que se publican
contidos do interese do propio autor ou autora que se actualizan con asiduidade
e que poden ser comentados polos distintos usuarios de blogs ou por calquera
persoa que poda visualizalo.
Esta ferramenta virtual permítenos transmitir
diferentes informacións de diversos temas que poden ter utilidade en varios
campos, como pode ser o campo persoal, o académico ou o laboral.
No relativo ao campo persoal, un blog serve
para manifestar diferentes opinións ou documentacións sobre diversas temáticas,
que poden ser vistas e utilizadas por aqueles e aquelas que o precisen. É unha
boa forma de compartir información ou de desafogarse sobre ámbitos de calquera
índole, que tanto son útiles para os visitantes e as visitantes do blog, como
para os e as blogguers.
No ámbito académico, esta web permite un maior
achegamento á educación, ás aulas e aos centros e informa do seu funcionamento á
sociedade, facendo que as familias e o contexto social en xeral estean máis e
mellor informados sobre o realizado nas clases e a súa utilidade, tanto para os
nenos e nenas como para os docentes e as docentes.
Deste xeito, a comunicación entre familia e
escola sería bidireccional e permitiría unha retroalimentación e un feedback
moi eficiente que poderemos utilizar para mellorar a nosa práctica docente e
para obter os mellores resultados nas nosas aulas.
Finalmente, no campo laboral, un blog serve
como plataforma para impulsar un produto ou para ofertar certos servizos dun
xeito máis actual, dinámico e efectivo, non só a nivel nacional, senón tamén a
nivel global, fomentando o seu posible éxito e a súa difusión.
No hay comentarios:
Publicar un comentario